Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33756

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela

ANUNCIO de convocatoria a empresas pemes de Galicia para a participación no programa Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020).

missing image file

A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela anuncia a apertura de convocatoria que ten por obxecto promover a participación no programa Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea nas seguintes accións:

1. Visita á Feira EMO de Hannover (Alemaña), entre o 17 e o 24 outubro 2017. Convocatoria prevista en xullo 2017. Sector maquinaria para elaboración do metal.

2. Visita á Feira do Libro de Frankfurt (Alemaña), entre o 10 e o 16 de outubro 2017. Convocatoria prevista en xullo 2017. Sector editorial e artes gráficas.

3. Misión comercial con exposición de produtos na Galician Gourmet Extravaganza de Seúl (Corea do Sur), entre o 21 e o 30 de outubro de 2017. Convocatoria prevista en xullo 2017. Sector alimentación, bebidas e servizos.

4. Visita á Feira BIOEUROPE de Berlín, entre o 4 e 9 de novembro de 2017. Convocatoria prevista en xullo 2017. Sector biotecnolóxico.

5. Misión comercial a Colombia e Perú, entre o 4 e o 12 de novembro de 2017. Convocatoria prevista en xullo 2017. Carácter multisectorial.

6. Exposición agrupada na Feira Expopesca de Lima, entre o 4 e o 12 de novembro de 2017. Convocatoria prevista en xullo 2017. Sector naval, pesqueiro, accesorios e maquinaria de pesca e acuicultura, etc.

Primeiro. Beneficiarios

Pemes, micropemes e autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O número máximo de empresas beneficiarias será de:

1. Visita á Feira EMO de Hannover (Alemaña): 17.

2. Visita á Feira do Libro de Frankfurt (Alemaña): 18.

3. Misión comercial con exposición de produtos na Galician Gourmet Extravaganza de Seúl (Corea do Sur): 16.

4. Visita á Feira BIOEUROPE de Berlín: 8.

5. Misión comercial a Colombia e Perú: 14.

6. Exposición agrupada na Feira Expopesca de Lima: 8.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e mellorar a súa competitividade, co obxectivo de mellorar a inclinación para exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar España como destino de investimento.

Terceiro. Convocatoria

O texto completo da convocatoria estará á disposición das empresas na sede da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. Ademais pode consultarse a través da web: www.camaracompostela.com

Cuarto. Contía

O orzamento máximo de execución das actuacións mencionadas máis abaixo no marco desta convocatoria para o período 2014-2020 é de:

1. Visita á Feira EMO de Hannover (Alemaña): 20.000 €.

2. Visita á Feira do Libro de Frankfurt (Alemaña): 20.000 €.

3. Misión comercial con exposición de produtos na Galician Gourmet Extravaganza de Seúl (Corea do Sur): 100.000 €.

4. Visita á Feira BIOEUROPE de Berlín: 25.000 €.

5. Misión comercial a Colombia e Perú: 50.000 €.

6. Exposición agrupada na Feira Expopesca de Lima: 44.000 €.

Dentro do programa operativo de Crecemento Intelixente 2014-2020.

Os recursos estimados para os servizos de apoio prestados pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, será de:

1. Visita á Feira EMO de Hannover (Alemaña): 4.897,10 €.

2. Visita á Feira do Libro de Frankfurt (Alemaña): 4.426,64 €.

3. Misión comercial con exposición de produtos na Galician Gourmet Extravaganza de Seúl (Corea do Sur): 6.200 €.

4. Visita á Feira BIOEUROPE de Berlín: 10.229,36 €.

5. Misión comercial a Colombia e Perú: 10.767,84 €.

6. Exposición agrupada na Feira Expopesca de Lima: 7.000 €.

Cofinanciados nunha porcentaxe de 80 % con cargo aos fondos Feder.

A contía máxima das axudas para outorgar con cargo a esta convocatoria, ás empresas participantes nas seguintes actuacións é:

1. Visita á Feira EMO de Hannover (Alemaña): 15.102,90 €.

2. Visita á Feira do Libro de Frankfurt (Alemaña): 15.573,36 €.

3. Misión comercial con exposición de produtos na Galician Gourmet Extravaganza de Seúl (Corea do Sur): 93.800 €.

4. Visita á Feira BIOEUROPE de Berlín: 14.770,64 €.

5. Misión comercial a Colombia e Perú: 39.232,16 €.

6. Exposición agrupada na Feira Expopesca de Lima: 37.000 €.

En concepto de subvencións. As axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe do 80 % con cargo aos fondos Feder, a través do programa operativo de Crecemento Intelixente 2014-2020 e o resto financiarase con cargo ás empresas participantes.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e finalizará nos prazos previstos nas convocatorias ou ata cubrirse o límite de prazas indicados nestas.

O modelo de solicitude de participación poderá descargarse na web:

www.camaracompostela.com

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2017

Jesús Asorey Carril
Presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación
de Santiago de Compostela