Mediante a Orde do 22 de febreiro de 2017 (DOG do 10 de marzo) fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade da Coruña.
A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o consello social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.
O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que son membros natos do consello social o/a reitor/a da universidade, o/a secretario/a xeral e o/a xerente da universidade. Así mesmo, serán membros un profesor ou unha profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal da administración de servizos, elixidos/as polo consello de goberno das universidades. A duración do mandato dos membros do consello social sinalados neste punto será establecida polos estatutos da universidade.
Con data do 21 de xuño de 2017, o Consello Social da Universidade da Coruña comunica á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que o Consello de Goberno da Universidade da Coruña na sesión do 31 de maio de 2017 acordou aprobar a designación de Carlos Nogueira Souto como representante do alumnado no consello social, en substitución de Andrés López Blanco. Xúntase declaración xurada de compatibilidade do novo membro do consello social.
O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do consello social seranlle comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.
A condición de persoa membro do consello social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.
Por todo iso,
DISPOÑO:
Artigo único
Nomear a Carlos Nogueira Souto como representante do alumnado no Consello Social da Universidade da Coruña, en substitución de Andrés López Blanco.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2017
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria