Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 19 de xuño de 2017 pola que se notifica o Acordo do 27 de abril de 2017 mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio número 32962602nh5939n, sito en Oleiros, relativo ao proxecto 01590 (expediente 2016/000389).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Distribuciones Taula, S.L. o Acordo do 27 de abril de 2017 mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio número 32962602nh5939n, sito en Oleiros, relativo ao proxecto 01590 (expediente 2016/000389), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou da publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade cos artigos 10.1.i ), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1 de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01590-Expropiación da parcela ocupada pola gasolineira na confluencia da avenida Concepción Arenal (Ac-173) coa avenida Emilia Pardo Bazán (Cp-5812). Tm Oleiros.

Nº de expediente: 2016/000389.

Entidade que se vai notificar: Distribuciones Taula, S.L.

Expropiante: Concello de Oleiros.

Expropiado: Cepsa Comercial Petróleo, S.A.

Beneficiario: Concello de Oleiros.

Predio nº: 32962602nh5939n.

Concello: Oleiros.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do Xurado: 225.032,82 €.