Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 19 de xuño de 2017 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2016001023 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados dende o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE)

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01627, conversión en autovía do corredor do Morrazo Cg-4.1. Treito: enlace de Rande-enlace de Cangas. Clave: Po/12/070.01. Termos municipais de Cangas e Moaña.

Concello: Moaña.

Provincia: Pontevedra.

Expropiante: CMATI. Servizo de Infraestruturas de Pontevedra.

Beneficiario: CMATI. Servizo de Infraestruturas de Pontevedra.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Ángel Baqueiro Carballo

Ángel Baqueiro Carballo

30.3.2017

30.3.2017

2016001023

2016001024

009

010

33.087,68

42,39