Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 20 de xuño de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00112-O-2017 e tres máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador XC-00112-O-2017 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informados que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, os interesados deberán aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

A Coruña, 20 de xuño de 2017

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-00112-O-2017

6355-DYM

Noro Lorenzo, J.

11893560F

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 9 horas). Máis de 9 horas ata 10 horas.

1.9.2016; 10.35; N-634; 666,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00210-O-2017

5629-FWL

Gimeno Serra, Enrique

73909773D

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

13.10.2016; 19.52; N-634; 709,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00272-O-2017

3419-JLW

Transportes García de la Fuente, S.A.

A28227742

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

25.10.2016; 18.46; AP-9; M 1,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02474-O-2016

0779-HDG

Fernández Gallego, Juan Antonio

39022484V

Diminución do descanso diario fraccionado en máis de 1 hora (sobre 3+9 horas). Atenuante: igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

20.6.2016; 10.34; AG-64; 39,5

Art. 142.19 LOTT. Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT. Art. 143.1.a) LOTT

100 euros