Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 16 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente expropiatorio do predio número 9, para a obra de modificación número 1 do proxecto de seguridade viaria na PO-325, treito Vigo: 0+000 ao 8+650 (clave PO/07/045.06.1.M1).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publicase o emprazamento a Mª Carmen Pérez Pena para o trámite de audiencia ditado no expediente expropiatorio do predio número 9, para a obra de modificación número 1 do proxecto de seguridade viaria na PO-325, treito Vigo: 0+000 ao 8+650, clave: PO/07/045.06.1M1, logo de que fose devolto polo servizo de Correos.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, a dita persoa interesada disporá dun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede do Servizo da Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (rúa Fernández Ladreda, 43, 1º, edificio administrativo, 36003 Pontevedra) e se desexa examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edicto único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 16 de xuño de 2017

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra