De conformidade co establecido no punto 4 da Resolución do 13 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2017 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral
ACORDA:
Primeiro. Aprobar as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas.
Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.
Segundo. As persoas interesadas terán un prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formularen as reclamacións que consideren oportunas e emendaren os defectos da exclusión provisional.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante este centro directivo.
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2017
Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza