Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33434

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de licitación do servizo de limpeza viaria.

Aprobado polo Pleno da Corporación municipal o expediente, prego de prescricións técnicas (PPT) e cláusulas administrativas (PCAP) para a contratación do servizo de limpeza viaria do Concello de Tui, por procedemento aberto, contrato suxeito a regulación harmonizada, con multiplicidade de criterios de valoración, exponse ao público e procédese á apertura do prazo de licitación.

1. Entidade adxudicataria: Concello de Tui.

2. Obxecto do contrato: prestación dos servizos de limpeza viaria no Concello de Tui.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa, tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas (cláusula 11 do PCAP).

4. Prezo do contrato:

a) Valor estimado do contrato, incluído prórrogas: 1.115.415,04 €, IVE excluído.

b) Valor estimado anual: 174.283,60 €/ano, excluído IVE, o que suma un total anual de 191.711,96 €.

Dito tipo de licitación conxunto desglósase en dúas partidas:

1º. Servizo ordinario de limpeza viaria: correspóndese coa prestación ordinaria do servizo, de acordo co sinalado no PPT. O orzamento base de licitación desta partida ascende a un total de 173.278,12€/ano, IVE incluído, desagregados en 157.525,56 €/ano de principal e 15.752,56 €/ano de IVE, calculado ao 10 %.

Ningunha oferta poderá superar o límite sinalado, sendo ata unha causa de rexeitamento da proposición, podendo mellorarse á baixa.

2º. Servizos adicionais baixo demanda: correspóndense coas peticións de prestacións de servizo extraordinarias que poida requirir o concello fóra dos servizos ordinarios, de acordo co sinalado no PPT. O prezo determínase nos termos de prezos unitarios, constituíndo a unidade de medida a xornada de servizo efectivamente prestada, de acordo co PPT. O orzamento base de licitación desta partida ascende a un total de 18.433,84 €/ano IVE incluído, desagregados en 16.758,04 €/ano de principal e 1.675,80 €/ano de IVE, calculado ao 10 %.

5. Duración do contrato: 4 anos de duración, con posibilidade de dous prórrogas dun período máximo dun ano cada unha.

6. Clasificación do contratista:

a) Clasificación alternativa do contratista: grupo U, subgrupo 1 (servizos de limpeza), categoría 2.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditarase polos medios sinalados na cláusula 8.4 do PCAP.

7. Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello de Tui-Servizo de Contratación. Tfno.: 986 60 36 25. Fax: 986 60 41 48.

Enderezo electrónico: http://concellotui.sedelectronica.gal.

Enderezo perfil do contratante: www.concellotui.org.

Poderán consultar as bases de licitación na páxina web www. concellotui.org, así como retirar documentación con data límite día do remate de presentación de ofertas.

8. Gastos de publicidade: si.

9. Presentación de proposicións:

a) Data límite de presentación: 26.7.2017. Data de envío ao DOUE: 16.6.2017. Así mesmo, de conformidade co artigo 142 do TRLCSP, publicarase a licitación no Boletín Oficial del Estado, Boletín Oficial da provincia e perfil do contratante da páxina web do concello (www.concellotui.org).

b) Modalidade de presentación: de conformidade coa cláusula 10 do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Concello de Tui, das 9.00 ás 14.00 horas.

2º. Enderezo: praza do Concello, nº 1.

3º. Localidade e código postal: Tui 36700.

4º. Enderezo electrónico: http://concellotui.sedelectronica.gal.

Tui, 16 de xuño de 2017

Enrique Cabaleiro González
Alcalde