Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33433

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación da modificación puntual SUR-PPI-5.

O Pleno corporativo do Concello do Porriño en sesión ordinaria do 8 de maio de 2017 adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual do SUR-PPI-5 para fixación de alineacións e rasantes redactados polos arquitectos Santiago Iglesias Fernández e Francisco J. García Domínguez.

2. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e o contido da normativa e ordenanzas no Boletín Oficial da provincia.

3. Proceder á inscrición da presente modificación puntual do SUR-PPI-5 no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

O que se fai público para os efectos de xeral coñecemento dos administrados, en cumprimento do disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

O Porriño, 21 de xuño de 2017

Eva García de la Torre
Alcaldesa