Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 26 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifica a resolución do recurso ditada en expediente sancionador en materia de transportes terrestres devolta polo servizo de Correos (expediente RA/M/2017/00179 e catro máis).

O secretario xeral técnico ditou a resolución do recurso presentado no expediente sancionador número RA/M/2017/00179 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada ás persoas interesadas.

Infórmaselles que o expediente sancionador se atopa á súa disposición na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Edificio Administrativo San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia:

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto
infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

OU-00105-O-2014

RA/M/2017/00179

2873 DBJ/

R-9635BBP

Frigoríficos Sete Pías, S.L.

Transporte de mercadorías utilizando a tarxeta de outro condutor.

18.11.2013; 18.48; AC-52; 203

Art. 140.22 LOTT

2.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-00187-O-2014

RA/M/2017/00180

2873 DBJ/

R-9635BBP

Frigoríficos Sete Pías, S.L.

Transporte de mercadorías faltando a consignación de datos en folla de rexistro.

18.11.2013; 18.48; AC-52; 203

Art. 140.22 LOTT

2.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-00337-O-2014

RA/M/2017/00191

0131 HDH/

R-4029BCH

Nieto Ares, S.L.

Transporte de mercadorías non levando insertada a tarxeta de condutor no tacógrafo.

27.12.2013; 17.41; AC-52; 203

Art. 140.22 LOTT

2.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-03623-O-2014

RA/M/2017/00198

9597 FFL/

R-4443BBD

José Antonio Sousa Sousa

Transporte de mercadorías efectuando a manipulación do tacógrafo ou algún dos seus elementos.

11.2.2014; 21.45; N-634; 709,5

Art. 140.10 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-01043-O-2014

RA/M/2015/00268

75-MN-15/

SS-04157-R

Pena e González Transportes Lda.

Transporte de mercadorías con vehículos matriculados no estranxeiro incumprindo os requisitos exixidos.

21.4.2014; 6.30; OU-540; 6,7

Art. 140.13 LOTT

0,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta