Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33305

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da delimitación do solo do núcleo rural de San Lourenzo, concello de Porqueira (Ourense).

O Concello de Porqueira, conforme o establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), remite o expediente de referencia para a súa aprobación definitiva.

Unha vez analizado o expediente remitido polo Concello de Porqueira e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resultan:

I. Antecedentes.

I.1. O Concello de Porqueira non conta actualmente con ningunha figura de planeamento xeral, polo que son de aplicación as normas complementarias e subsidiarias da provincia de Ourense, aprobadas definitivamente o 3 de abril de 1991.

I.2. A tramitación da delimitación de solo de núcleo rural foi a seguinte:

• Constan informes xurídicos municipais do 10.4.2015 e 21.4.2015; e técnico do 20.4.2015.

• O Pleno do concello, en sesión do 27.4.2015, aprobou inicialmente a delimitación do solo do núcleo rural de San Lourenzo e someteuna á información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios no DOG do 8.7.2015 e nos diarios La Voz de Galicia e La Región do 20.11.2012. Nese período non se presentou ningunha alegación.

• O Pleno do concello, en sesión do 8.1.2016, aprobou provisionalmente a delimitación do solo do núcleo rural de San Lourenzo.

• Constan informes da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, do 13.5.2016, desfavorable; e do 5.9.2016, favorable; e da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 24.10.2016, desfavorable; e do 29.12.2016, favorable.

• O Pleno do concello, en sesión do 29.8.2016, aprobou de novo provisionalmente a delimitación do solo do núcleo rural de San Lourenzo.

I.3. O 24.1.2017, conforme o establecido na disposición adicional segunda da LOUG, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio un oficio do Concello de Porqueira, xunto cos informes da AGI e de Patrimonio para a aprobación definitiva da DSNR. O 14.2.2017 e o 20.3.2017, por requirimento do Servizo de Urbanismo de Ourense, completouse a documentación achegada con tres exemplares do proxecto aprobado provisionalmente, un exemplar do proxecto aprobado inicialmente e copia do expediente administrativo.

II. Análise da delimitación do solo do núcleo rural e informe.

II.1. O ámbito de actuación comprende unha zona de 96.935,73 m2, situada arredor do núcleo de San Lourenzo. Desta superficie, 75.594,69 m2 corresponden a solo que se cualifica como solo de núcleo rural histórico-tradicional e o resto, 21.341,04 m2, a solo de núcleo rural común.

II.2. O obxecto do proxecto é a delimitación do núcleo rural de San Lourenzo como núcleo rural complexo, conforme o establecido no número 2 da disposición adicional segunda da LOUG, para posibilitar a edificación no citado núcleo e definir os espazos reservados para equipamentos públicos.

II.3. O 19.3.2016 entrou en vigor a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG). En virtude do establecido no punto 1 da disposición transitoria segunda da LSG, a delimitación do solo do núcleo rural de San Lourenzo poderá continuar a súa tramitación ata a súa aprobación definitiva a teor do disposto na LOUG.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG e co artigo 3.a), en relación coa disposición transitoria segunda do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais correspóndelle á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación do solo do núcleo rural de San Lourenzo, no concello de Porqueira.

2. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notifíquese ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

missing image file