Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2017 Páx. 33232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se dá publicidade á Sentenza 579/2016, no procedemento ordinario 4578/2011 (expediente Planeamento urbanístico 2011002613).

Anuncio polo que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentenza 579/2016, do 6 de outubro de 2016, pronunciada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o procedemento ordinario 4578/2011 en relación co Decreto 187/2011 da Xunta de Galicia, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento, interposto pola Asociación de propietarios de fincas urbanas de Ourense, se ditou sentenza 579/2016, do 6 de outubro, pola que se estima o recurso contencioso-administrativo interposto.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 107 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentenza, resólvese dar publicidade á sua parte dispositiva, que a seguir se transcribe:

«Resolvemos estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación de propietarios de fincas urbanas de Ourense, contra a disposición indicada no primeiro fundamento desta sentenza, que anulamos, por ser contraria a dereito, en canto se inclúen ámbitos de carácter privado na ordenación urbanística provisional que aproba. Non se fai imposición das custas do recurso.

Contra esta sentenza cabe interpor, ben ante o Tribunal Supremo, ben ante a correspondente sección desta sala, o recurso de casación previsto no artigo 86 da Lei xurisdicional, que haberá de prepararse mediante escrito a presentar nesta sala no prazo de trinta días e cumprindo os requisitos indicados no artigo 89.2 de dita lei».

Así mesmo, a sección segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ditou auto no sentido de inadmitir a trámite o recurso de casación número 123/2016 preparado pola Xunta de Galicia e o Concello de Ourense contra a sentenza 579/2016, de seis de outubro de 2016, pronunciada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ourense, 15 de xuño de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente