Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2017 Páx. 33195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2016/3023-1).

Expediente: IN407A 2016/3023-1.

Promotora: Sucesores de M. Leira, S.L.

Denominación da instalación: ampliación CT autoestrada e interconexión con LMT, CT Pedra do Couto e LMT a CT Pedreiras.

Concello: Cabanas.

Feitos.

1. O 13 de decembro de 2016 a promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG nº 65, do 3 de abril de 2017 e no BOP nº 41, do 1 de marzo de 2017.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Modificado CT autoestrada: instalación de 4 celas de media tensión: 2 celas de liña motorizadas de entrada/saída coa LMT a CT Pedra do Couto, 1 cela protección mediante fusibles de saída de LMTS a CT Pedreiras e unha cela de liña motorizada de acoplamento coa barra de alimentación ao transformador do túnel da autopista AP9.

– LMTS entrada Pedra do Couto: tramo subterráneo en condutor RHZ1-20L3×1×95 mm2 AI, de 54 metros de lonxitude coa orixe no PAS para instalar no apoio nº 7 da LMT a CT Pedra do Couto e final no CT autoestrada (expediente IN407A 2014/046).

– LMTS saída Pedra do Couto: tramo subterráneo en condutor RHZ1-20L3×1×95 mm2 AI, de 42 metros de lonxitude coa orixe no CT autoestrada e final na LMTS a CT Pedra do Couto realizando un empalme na arqueta do apoio nº 7 coa liña subterránea existente.

– LMTS a CT Pedreiras: tramo subterráneo en condutor RHZ1-20L3×1×95 mm2 AI, de 42 metros de lonxitude coa orixe no CT autoestrada e final na LMTS a CT Pedreiras realizando un empalme na arqueta á altura do apoio nº 7 coa liña subterránea existente.

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 27.399,63 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal se xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 12 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña