Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2017 Páx. 33167

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (777/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 777/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marina Moral Mesa contra Álvaro Roel Sánchez, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 777/2014.

Demandante: Marina Moral Mesa.

Letrado: Sr. Pena Díaz.

Demandado: Álvaro Roel Sánchez.

«Sentenza 151/2017.

A Coruña, 15 de marzo de 2017

Resolvo:

Estimo a demanda formulada por Marina Moral Mesa contra Álvaro Roel Sánchez e, en consecuencia, condeno este a pagarlle á primeira a suma de 2.353,88 euros en concepto de salarios debidos, vacacións e indemnización de fin de contrato, así como o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Álvaro Roel Sánchez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza