BDNS (Identif.): 351504.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
As persoas físicas ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto
Fomentar a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes e contribuír a embelecer o tecido construtivo galego cun material de fácil colocación e respectuoso co ambiente á vez que se mellora a eficiencia enerxética.
Terceiro. Bases reguladoras
Establécense nesta mesma orde de convocatoria.
Cuarto. Contía
A dotación orzamentaria é de 200.000 €.
O custo subvencionable máximo será de:
– 110 € por m2 no caso de fachadas pegadas de granito.
– 140 € por m2 no caso de fachadas transventiladas de granito.
– 130 € por m2 no caso de fachadas de perpiaño de granito.
Con carácter xeral, a contía da subvención será do 40 % dos custos totais subvencionables (IVE incluído, cando tal imposto sexa subvencionable), cun máximo de 12.000 € por vivenda unifamiliar ou 40.000 € por edificio de vivendas en bloque.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para cubrir e validar as solicitudes será de tres meses desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria