Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32909

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (383/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 383/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Rafael Amil Barbeito contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 383/2015

Demandante: Pablo Rafael Amil Barbeito

Letrada: Sra. Acuña Vecino

Demandada: Falcón Contratas y Seguridad, S.A.

Fogasa

«Sentenza.

A Coruña, 13 de xuño de 2017.

Resolución:

Acepto a demanda formulada por Pablo Rafael Amil Barbeito fronte a Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle á primeira a suma de 2.091,79 euros, así como o xuro de mora do artigo 29.3 do ET.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtanse de que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza