Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32664

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (544/2014).

PO. Procedemento ordinario 544/2014

Procedemento orixe:

Sobre ordinario

Demandantes: Juan Manuel Ares González, Julio Vigo Trillo, Ricardo Cousiño Pardal, Alfonso Nemesio Ares González, Josefa González Tarrío, Delfina Refojo González, José Luis Marquez Citoula, Valentín Torrado Lestido, José Manuel Hermo Freire, José Antonio García Freire, Juan Manuel Ares González, Julio Vigo Trillo, Alfonso Nemesio Ares González, Josefa González Tarrío, José Luis Márquez Citoula, Valentín Torrado Lestido, José Manuel Ermo Freire, José Antonio García Freire

Graduada social: Laura Prieto Currás

Demandadas: Refojo y González, S.L., Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 544/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Ares González, Julio Vigo Trillo, Ricardo Cousiño Pardal, Alfonso Nemesio Ares González, Josefa González Tarrío, Delfina Refojo González, José Luis Márquez Citoula, Valentín Torrado Lestido, José Manuel Hermo Freire, José Antonio García Freire contra Refojo y González, S.L., María José Lorenzo Gómez, Fogasa, sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017.

Visto que non cabe a interposición de recurso contra a sentenza ditada no 15 de maio do ano 2017, declároa firme e acordo o arquivamento destas actuacións.

Así mesmo, faise constar, para os efectos previstos no artigo 239 da LXS, que a sentenza ditada nas presentes actuacións foi notificada a Josefa González Tarrío, Alfonso Nemesio Ares González, Juan Manuel Ares González, Julio Vigo Trillo, José Luis Márquez Citoula, Valentín Torrado Lestido, José Manuel Hermo Freire, José Antonio García Freire, con data do 18.5.2017, a Ricardo Cousiño Pardal con data do 19.5.2017, a Delfina Refojo González, con data do 19.5.2017, a Refojo y González, S.L. con data do 29.5.2015, á administradora concursal María José Lorenzo Gómez con data do 19.5.2017 e ao Fogasa con data do 19.5.2017.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Refojo y González, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza