Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32663

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (22/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 22/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Muñiz Rodríguez contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta.

Acordo:

a) Declarar a executada, Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en situación de insolvencia por importe de 2.993,33 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez que sexa firme, inscríbase no rexistro correspondente.

Para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza