Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2017/37-2, 8504 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.

Domicilio social: Isabel Torres, 25, 39011 Santander.

Denominación: desvío LAT 132 kV Setepontes-Carba entre os apoios 4-6.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

1. Modificación do tramo entre os apoios 4 e 6 da liña de alta tensión entre as subestacións de Setepontes e Carba, cunha lonxitude de 711 m en condutor LA-280, simple circuíto con configuración simplex e cable de comunicacións OPGW 48 F, con orixe no apoio P4 proxectado en substitución do actual e final no P5 proxectado.

2. Substitución do condutor existente por LA-280 entre o apoio existente P2 e P4 proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, na rolda da Muralla, nº, 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 19 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo