Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2017/40-2, 8507 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: Ramón Mª Aller Ulloa 9, 27003 Lugo.

Denominación: reforma do CT 13265 Herrero.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Centro de transformación de potencia máxima admisible de 630 kVA e relación de transformación 20.000/400-230 V en edificio non prefabricado, en montaxe convencional, con aparellaxe e embarramento ao aire, sobre illadores de porcelana e seccionadores en baleiro, con mando manual, con seccionamento para entrada de liña aérea 20 kV, seccionamento e protección máquina 400 kVA B2, seccionamento e protección máquina 160 kVA B1, cadro de baixa tensión 400/230 V e cadro de baixa tensión 230/130 V.

A alimentación do CT farase mediante LMT soterrada contida no proxecto Soterramento entrada LMT LP sector 6-der. CTC Herrero (exp. 8282-AT).

2. A obra civil comprende os traballos necesarios para o desmonte de embarramentos, aparellaxe, ferraxe, anteparos, CT e cadros de baixa tensión; construción do depósito de recolla de aceite, muros, porta con dobre reixa de ventilación, canles para instalación de celas SF6 e cadros de BT e colocación de proteccións de saídas de circuítos de baixa tensión.

3. A obra eléctrica comprende celas modulares de liña 24/20 kV-400/630A (2 uds), cela modular de protección do transformador 24/20 kV-400/630 A (1 ud), máquina 630 kVA B2-B1, circuítos de terras interior, iluminación de emerxencia do CT non prefabricado, pontes MT/CT, CT/BT, armarios BT CBT e termómetro de anteparo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na Rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 15 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo