Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32554

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1133/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 1133/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Veiga Rodeiro contra a empresa Servizo Público de Emprego Estatal e Grupo Consultores, S.A., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que, estimando integramente a demanda interposta por Sergio Veiga Rodeiro contra o Servizo Público de Emprego Estatal e Grupo Clave Consultores, S.A., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a prestación por desemprego cunha base reguladora de 79,19 euros diarios, desde a extinción da súa relación laboral mediante o Auto do 23 de maio de 2013, tomando en consideración para os efectos de fixación do período de ocupación cotizada o correspondente aos salarios de tramitación, e sen prexuízo da regularización da prestación anteriormente percibida polo demandante, e, en consecuencia, debo condenar e condeno as demandadas a se ateren a tal declaración e ao Servizo Público de Emprego Estatal a recoñecerlle e a aboarlle ao demandante a prestación por desemprego nos termos indicados nesta resolución.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Grupo Consultores, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza