Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia da data para as probas de saneamento gandeiro dos animais da explotación da súa titularidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación sen que puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte á publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Gandaría da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 21 de xuño de 2017

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: probas de saneamento gandeiro.

Interesado: Luís Díaz Arias.

Acto notificado: citación.