Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza unha propietaria da concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza-Cesuras-A Coruña), para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2, 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a Pilar Bermúdez Naveira, propietaria nº 34 da zona de concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza-Cesuras-A Coruña), para ser notificada dunha resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, na parte que a afecta.

Así mesmo, este anuncio publicase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A interesada poderá coñecer o contido íntegro da parte da resolución que a afecta, mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, con independencia de que a interesada poida exercer calquera outro que considere pertinente.

A Coruña, 19 de xuño de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña