Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32470

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 23 de xuño de 2017 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2015/16, convocados pola Orde do 10 de febreiro de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 28 de febreiro).

A Orde do 10 de febreiro de 2017 (DOG do 28 de febreiro) pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2015/16, establece no seu artigo 14.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo xurado de selección á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizada polo xurado de selección a valoración das solicitudes presentadas, publicados os resultados coas puntuacións provisionais obtidas polos candidatos e candidatas, resoltas as reclamacións presentadas, vistas a acta coa proposta definitiva do xurado de selección e a proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2015/16 ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Proposta definitiva de adxudicación dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2015/16

Sol.

Apelidos e nome

Familia profesional

Cód. C.

Centro educativo

Importe

8808

Carbón Lorenzo, Jonathan de Jesús

Actividades Físicas e Deportivas

15005233

IES Agra do Orzán

850 €

8627

Barrio Carracedo, Ana Belén

Administración e Xestión

32001725

IES Lauro Olmo

850 €

8724

García Fontenla, Ángela

Agraria

36020192

CFEA de Lourizán

850 €

8949

Vilachán Suárez, Alba

Artes Gráficas

36006419

IES Montecelo

850 €

8620

Castro Trillo, Noemi

Comercio e Márketing

36011579

IES A Guía

850 €

8809

Vagapov, Izet

Electricidade e Electrónica

15005269

IES Urbano Lugrís

850 €

8615

Mosquera Fraga, José María

Enerxía e Auga

15006754

CIFP Ferrolterra

850 €

8730

Soto Quintía, Sonia

Fabricación Mecánica

15006754

CIFP Ferrolterra

850 €

9045

Barrio Fraga, Alba

Hostalaría e Turismo

36020064

CIFP Carlos Oroza

850 €

9134

López Rodríguez, Patricia

Imaxe e Son

27020756

CPR TIC

850 €

9135

Vila Bouzas, Jennifer

Imaxe Persoal

15024513

CIFP Someso

850 €

8771

Carrera Lago, Ana

Industrias Alimentarias

36007552

CIFP A Granxa

850 €

8749

Lago Martínez, Anxo

Informática e Comunicacións

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

850 €

8726

Mosteiro Buján, Iván

Instalación e Mantemento

36024525

CIFP de Coia

850 €

9030

Sesto Codesido, Francisco

Madeira, Moble e Cortiza

15024513

CIFP Someso

850 €

8927

Vázquez Hermo, Ramón Manuel

Marítimo-Pesqueira

36011804

Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico

850 €

8520

Ruiz Iglesias, Eva

Química

15027770

IES A Sardiñeira

850 €

8811

Estévez Cobela, Lucía

Sanidade

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

850 €

8617

Peixoto Pereira, Diego

Seguridade e Medio Ambiente

36007552

CIFP A Granxa

850 €

8962

Dapena Hortas, Sandra

Servizos Socioculturais e á Comunidade

36019566

IES de Chapela

850 €

8967

Bouzas Sieira, Eva

Téxtil, Confección e Pel

15027897

CIFP Paseo das Pontes

850 €

8940

Pallares Soengas, Juan

Transporte e Mantemento de Vehículos

15024513

CIFP Someso

850 €