Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de xuño de 2017 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición (expediente IU2/104/2012).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 20 de abril de 2017, unha resolución pola que se lle impón unha segunda multa coercitiva (IU2/104/2012-B1) derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número IU2/104/2012 a Diana Muñoz Leira como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 5 de novembro de 2013, que ordenaba a restitución da parcela matriz 587 do polígono 13, ao estado anterior ao outorgamento escritura pública de declaración de obra nova e división horizontal, outorgada o 23.3.2007, así como o cesamento definitivo dos usos aos que desen lugar pola imposibilidade xurídica de división, segregación ou parcelación da parcela matriz e o seu carácter indivisible. Así como a demolición das obras de construción da edificación de 28 m2 referencia catastral urbana núm. 001503700NG17G0001FX e da edificación de 30 m2 acaroada á anterior, da edificación de 28 m2 de superficie coa referencia catastral urbana núm. 001503300NG17G0001QX e as obras dunha edificación de 42 m2 de superficie con referencia catastral urbana núm. 0001504200NG170001OX, promovidas pola interesada, na parcela catastral rústica 587 do polígono 13, no lugar de Nerga, parroquia do Hío, no termo municipal de Cangas, provincia de Pontevedra.

Ao non poderlle realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento, do artigo 46 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanistica sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia del tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que pon fin á via administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a notificación, perante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un mero acto de execución.

Caso non exerza o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se situe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e que lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

José antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística