Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32106

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 23 de xuño de 2017 pola que se outorgan nomeamentos aos rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para varios rexistros vacantes.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 296 convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 18 de abril de 2017 (BOE do 2 de maio) e resolto pola Resolución do 30 de maio de 2017, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do Regulamento para a súa execución, co Decreto da Xunta de Galicia 72/2013, do 25 de abril, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan, para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2017

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

• Celestino Ricardo Pardo Núñez, rexistrador do Mercantil de Madrid VII, para o Rexistro do Mercantil e de Bens Mobles da Coruña II.

• María Teresa Ferrín Sanmartín, rexistradora de Pontevedra nº 1, para o Rexistro do Mercantil e de Bens Mobles de Pontevedra III.

• Beatriz Marzoa Rivas, rexistradora de Arzúa, para o Rexistro de Negreira.