Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31848

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1483/2016).

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente, anuncia:

No presente procedemento de divorcio seguido por instancia de Laila Jimena Álvarez Viñoles fronte a José Amancio Hernández se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 285

En Vigo, 7 de xuño de 2017.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1483/2016 sobre disolución do matrimonio por divorcio, actuando como demandante Laila Jimena Álvarez Viñoles, representada pola procuradora dos tribunais Victoria Barros Estévez e con asistencia letrada de Jacobo Luis Lago Rodríguez, contra José Amancio Hernández, declarado en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolvo:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Barros Estévez, en nome e representación de Laila Jimena Álvarez Viñoles, contra José Amancio Hernández, declarado en situación de rebeldía, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado os referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Así, por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mando e asino».

E encontrándose o devandito demandado, José Amancio Hernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 8 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza