Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2017 pola que se anuncia a convocatoria pública do procedemento de contratación de servizos, documentalmente simplificado, consistente na xestión e dirección do Centro Valverde para a execución de programas de emancipación en réxime de acollemento residencial tutelado (8 prazas).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

c) Número de expediente: 23/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: xestión e dirección da vivenda tutelada Valverde en Allariz (Ourense), da que é titular a Xunta de Galicia, para a execución de programas de emancipación en réxime de acollemento residencial tutelado.

b) Número de lotes: a totalidade do servizo constitúe un único lote.

c) Lugar de execución: Allariz (Ourense).

d) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 30 de xuño de 2019.

e) Admisión de prórrogas: ata un máximo posible de 24 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Documentalmente simplificado.

4. Orzamento base de licitación: sen IVE: 285.600 €. Con IVE: 314.160 €.

5. Garantías:

Provisional: non.

Definitiva: si (5 % do importe de adxudicación, IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Servizo de Protección de Menores da Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos de información: 981 54 56 65/981 54 46 30.

d) Fax: 981 95 75 91.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata finalizar o prazo para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase mediante a presentación dos documentos exixidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas do vixésimo (20º) día natural, que non coincida en sábado ou festivo, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

d) Tamén se poderá presentar por correo certificado conforme as especificacións establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

g) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Lugar de apertura dos sobres: sala de xuntas da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

e) Data e hora de apertura dos sobres: publicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=170827

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social