Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 8 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (tarxeta sanitaria), sita na rúa García Barbón, núm. 51, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da Lei 39/2015, de non presentar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, terase por desistida da súa petición.

Pontevedra, 8 de xuño de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: 8736.

Interesada: Vilella Bispo, Ana Paula.

NIE/DNI/PAS: YB597041.

Último enderezo coñecido: avda. Alcalde Gregorio Espino, 52, Ptal. 3, 4º L, 36205 Vigo.

Nº de expediente: 8996.

Interesado: Arhin, John.

NIE/DNI/PAS: H2389623.

Último enderezo coñecido: avda. Alcalde José del Río, 9, 3º C, 36900 Marín.