Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31942

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a formalización do arrendamento dun procesador e un micrótomo automáticos, así como o seu mantemento integral e a subministración do funxible necesario para o seu funcionamento.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: AB-EIC1-16-009.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: mixto.

b) Descrición do obxecto: arrendamento dun procesador e un micrótomo automáticos, así como o seu mantemento integral e a subministración do funxible necesario para o seu funcionamento.

c) Lotes: non.

d) CPA (referencia de nomenclatura): 26.51.53.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 33140000-3, 33910000-2, 33100000-1.

f) Acordo marco (se procede): non.

g) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

h) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

i) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 5 de xullo, DOG do 22 de xullo e BOE do 27 de xullo de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto (suxeito a regulación harmonizada).

4. Valor estimado do contrato:

Valor estimado do contrato sen IVE: 942.364,80 € (novecentos corenta e dous mil trescentos sesenta e catro euros e oitenta céntimos).

5. Orzamento base de licitación:

Orzamento sen IVE: 523.536,00 € (cincocentos vinte e tres mil cincocentos trinta e seis euros).

Orzamento con IVE: 633.478,56 € (seiscentos trinta e tres mil catrocentos setenta e oito euros e cincuenta e seis céntimos).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 31.10.2016.

b) Data de formalización do contrato: 1.12.2016.

c) Contratista: Olympus Iberia, S.A.U. (A08214157).

d) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 521.348,00 € (cincocentos vinta e un mil trescentos corenta e oito euros).

Importe con IVE: 630.831,08 € (seiscentos trinta mil oitocentos trinta e un euros e oito céntimos).

A Coruña, 16 de maio de 2017

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña