Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 19 de xuño de 2017 pola que se notifica resolución de desafiuzamento administrativo do departamento para usuarios número 20 do porto de Cangas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Moisés Sotelo Nerga, con DNI 78733808R, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, resolución de desafiuzamento administrativo do departamento para usuarios número 20 do porto de Cangas, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Segundo informe da Xefatura da Zona Sur, ese órgano notificou en dúas ocasións requirimentos para solicitar nova autorización ou proceder ao desaloxo da instalación, sen que se obtivese ningunha resposta nin se dese cumprimento á orde de desaloxo, sendo así que na actualidade o departamento está ocupado sen autorización, unha vez vencida e non renovada a autorización de que dispuña, e neste momento, xa non é posible outorgar nova autorización dada a existencia de débedas en concepto de taxas portuarias.

Por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, no Boletín Oficial del Estado núm, 97, do 24 de abril de 2017, publícase a cédula pola que se notifica requirimento previo ao desafiuzamento que outorgaba un prazo máximo de 10 días hábiles para proceder ao desaloxo voluntario, sen que o dito requirimento fose obxecto de cumprimento e sen que exista tampouco constancia da formulación de alegacións polo interesado.

O presente acto administrativo, que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011 de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

O departamento deberá de ser abandonado nun prazo máximo de 10 días contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves ao persoal de Portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Transcorrido o prazo máximo de 10 días para proceder ao desaloxo voluntario, por tratarse dunha autorización extinguida, e ao abeiro do establecido no artigo 100 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Portos de Galicia procederá a suspender sen máis trámites a subministración de auga e de enerxía eléctrica.

Ao abeiro do establecido nos artigos 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e 125 da Lei 5/2011 de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución do desafiuzamento empregarase, de ser preciso, o auxilio das forzas e corpos da seguridade do Estado.

Contra o presente acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, perante, a elección do interesado, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia