Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2017 Páx. 31765

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coirós

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual 1 do Plan parcial do parque empresarial de Pedrapartida.

Por este anuncio faise público que o Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 11 de maio de 2017, adoptou o seguinte acordo:

«1. Aprobar definitivamente a modificación puntual 1 do Plan parcial do parque empresarial de Pedrapartida.

2. Resolver as alegacións atendendo o informe de alegacións contido no documento que lles será notificado individualizadamente aos interesados.

3. Publicar este acordo de aprobación definitiva, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia.

Xunto coa publicación publicarase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan e a referencia ao enderezo electrónico no cal figurará o contido íntegro do plan á disposición do público.

Publicarase o extracto elaborado con carácter previo á aprobación que atende o disposto no artigo 82.2 da LSG contido no punto 10 deste informe.

4. Inscribir o instrumento no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia unha vez publicado o acordo no DOG e remitir á consellería competente un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

5. O documento que conteña a normativa e as ordenanzas publicarase no Boletín Oficial da provincia».

Tamén se fai público que no expediente consta:

– Que se adoptan medidas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan: a) Medidas previstas de prevención e corrección dos efectos sobre o ambiente; e b) Medidas previstas para o seguimento ambiental da modificación puntual.

– O extracto elaborado con carácter previo á aprobación do documento, no cal se xustifica:

• A integración no plan dos aspectos ambientais.

• Como se tomaron en consideración no plan o estudo ambiental estratéxico os resultados da información pública e das consultas e a declaración ambiental estratéxica.

• As razóns da elección da alternativa seleccionada, en relación coas alternativas consideradas.

Todos estes puntos serán publicados integramente coas ordenanzas no Boletín Oficial da provincia, ademais da súa constancia no documento aprobado, publicado na páxina web do Concello de Coirós (www.coiros.es) e na páxina SIOTUGA www.planeamentourbanistico.xunta.es

Coirós, 24 de maio de 2017

Francisco Quintela Requeijo
Alcalde