Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2017 Páx. 31597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 15 de xuño de 2017, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores OU-S-9/2017 e un máis, por infraccións leves en materia de turismo.

Por medio desta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que no anexo se relacionan a resolución dos expedientes sancionadores nº OU-S-9/2017 e un máis, do xefe de Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentadas polos medios habituais, non se puideron practicar.

Os interesados poderán recoller as correspondentes resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Área Provincial de Turismo, rúa Curros Enríquez, 1-3º andar, de Ourense.

Contra tales resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, todo isto sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, as sancións devirán firmes, e deberán aboar os importes das multas nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior.

O pagamento realízarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase a súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

Ourense, 15 de xuño de 2017

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-9/2017.

Titular sancionado: Tomás Arias Prada.

Establecemento: Pub Barakoa.

Enderezo: Abdón Blanco, 10.

Localidade: O Barco de Valdeorras.

Resolución: 8 de maio de 2017.

Precepto infrinxido: artigo 35.b) e 35.f) da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: catrocentos cincuenta (450) euros.

Expediente: OU-S-13/2017.

Titular sancionado: Rubén Humberto Carrinho Cardoso.

Establecemento: Pub Glamour.

Enderezo: San Lázaro, bloque 31, 1º D.

Localidade: Verín.

Resolución: 18 de abril de 2017.

Precepto infrinxido: artigo 35.g) e 35.f) da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: seiscentos (600) euros.