Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de asesoramento técnico especializado para a análise da evolución da sociedade da información de Galicia (expediente 2017/PA/0040).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0040.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de asesoramento técnico especializado para a análise da evolución da sociedade da información en Galicia.

Esta contratación dará soporte especializado ás dúas dimensións en que se configura o Osimga, tanto no seu carácter como sistema de información, coma no seu carácter de órgano asesor.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo para a prestación dos servizos obxecto deste contrato (todos agás o estudo previo correspondente ao Servizo I) será de 12 meses contado a partir do 1.1.2018. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de 12 meses computarase desde a data de formalización do contrato (ver alínea F da folla de especificacións do PCAP).

d) Admisión de prórroga: si (agás o estudo previo correspondente ao Servizo I). Ver a alínea F da folla de especificacións do PCAP.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado: 411.480,00 € (IVE excluído).

5. Orzamento de licitación: 171.450,00 €, máis 36.004,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 207.454,50 € (douscentos sete mil catrocentos cincuenta e catro euros con cincuenta céntimos), que se distribúe nas seguintes anualidades:

2017: 450,00 € + 94,50 € (IVE 21 % ) = 544,50 €.

2018: 171.000,00 € + 35.910,00 € (IVE 21 %) = 206.910,00 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=175586

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: ver a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 31.7.2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 20.6.2017.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia