Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento, implantación e posta en funcionamento do Rexistro único de laboratorios e entidades de control de calidade da edificación de Galicia (Rulecce) (expediente 2017/PA/0020).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a prestación do servizo de desenvolvemento, implantación e posta en funcionamento do Rexistro Único de Laboratorios e Entidades de Control de Calidade da Edificación de Galicia, en diante Rulecce. A aplicación tamén dará soporte á xestión dos plans de inspeccións que poden dar lugar a actuacións sobre o Rulecce, segundo a Resolución do 10 de decembro de 2013, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se aproba o Plan de inspeccións das entidades de control de calidade da edificación e dos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación: DOG: 1.3.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 50.223,14 €.

5. Orzamento base de licitación:

O orzamento máximo autorizado é de 50.223,14 €, máis 10.546,86 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 60.770,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18.5.2017.

b) Data de formalización do contrato: 12.6.2017.

c) Contratista: Coremain. S.L.

d) Importe de adxudicación: 50.868,40 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia