Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 2 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2017032TA-CO por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da proposta de resolución do expediente sancionador 2017032TA-CO incoado a Puerto Piojo, S.L.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto nos artigos 64.2 e 89.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 2 de xuño de 2017

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2017032TA-CO.

Interesada: Puerto Piojo, S.L. (Don Paco Café).

DNI/NIF/CIF: B70025663.

Último enderezo coñecido: Cruceiro, número 1, 15113 Malpica de Bergantiños.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.