Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2017008AL-CO incoado a La Bottega Galicia, S.L.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.
Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.
Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.
A Coruña, 29 de maio de 2017
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2017008AL-CO.
Interesada: La Bottega Galicia, S.L. (La CerBecería).
DNI/NIF/CIF: B70308838.
Último enderezo coñecido: estrada Baños de Arteixo, 43, 15008 A Coruña.
Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.