Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31153

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (207/2016).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos non xudiciais 207/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Antonio Paz Seoane contra a empresa Andrés Fernández Díaz, Construcciones Vieiro 13, S.L., sobre execución de título non xudicial, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva:

Acordo:

A convocatoria da poxa do vehículo matrícula: 9486GGR, marca: Citroen, modelo: BERL HDI92 furgón de bastidor: VF7GB9HXC8N020144, tipo: camión furgón, polo prezo da súa valoración que ascende a 3.096,78 euros, a cal terá lugar no Portal de poxas dependente da AEBOE.

Unha vez firme esta convocatoria proceder ao anuncio e publicidade dela, nos termos dos artigos 667 e 668 da LAC.

Notificar a presente resolución ao executado por medio de edictos que se publicarán no Diario Oficial de Galicia. Fáiselle saber que, en calquera momento anterior á aprobación do remate ou da adxudicación ao executante, poderá liberar os seus bens pagando integramente o que se lle deba ao executante por principal, xuros e custas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá perante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Para que sirva de notificación en legal forma a Andrés Fernández Díaz, Construcciones Vieiro 13, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza