Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30795

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (DCT 992/2014).

Divorcio contencioso 992/2014

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Olga Vidal Caramés

Procurador: Pedro Andrés Barral Vila

Avogado: Antonio Pérez-Bello Fontaíña

Demandado: José Javier Porto Dios

Gema Antolín Pérez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Olga Vidal Caramés fronte a José Javier Porto Dios ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

En Pontevedra o 26 de outubro de 2015.

Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co número 992/14, en que é parte demandante, Olga Vidal Caramés, representada polo procurador Pedro Andrés Barral Vila e asistida do letrado Antonio Pérez-Bello Fontaíña, e como parte demandada José Javier Porto Dios, declarado en rebeldía procesual.

(…)

Resolución

Estimo a demanda presentada polo procurador Pedro Andrés Barral Vila, en nome e representación de Olga Vidal Caramés, contra José Javier Porto Dios, en rebeldía procesual, e en consecuencia declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o día 28 de maio de 1994, inscrito no tomo 84, páxina 13 da Sección 2ª do Rexistro Civil de Poio, con todos os efectos legais que a dita declaración comporta. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se outorgasen. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

1. O fillo menor, Alex Porto Vidal, continuará baixo a garda e custodia da nai Olga Vidal Caramés, sen prexuízo da patria potestade compartida.

2. Atribúese á nai e ós fillos, en cuxa compañía quedan, o uso da vivenda e enxoval familiar.

3. Establécese a favor de José Javier Porto Dios un réxime de visitas amplo e flexible que non se concreta e desenvolverase en función da vontade, horarios e ocupacións do fillo menor de idade e do pai.

4. Como contribución aos alimentos do pai para os fillos do matrimonio, este aboará a cantidade de 400 euros mensuais polos tres fillos, que se actualizará automaticamente conforme a elevación do IPC que publique o INE ou organismo oficial que o substitúa e ingresará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que a nai designe. Igualmente, o pai farase cargo do 50 % dos gastos extraordinarios que se devindiquen, incluíndo expresamente os gastos médicos ou farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social, gastos odontolóxicos e oftalmolóxicos. Os ditos gastos extraordinarios precisarán de acordo previo.

5. Non procede pronunciamento ningún sobre liquidación do réxime económico matrimonial.

Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

Firme esta resolución, comuníquese de oficio ao rexistro civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Poio.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás que se advirte que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, e que se substanciará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E atopándose o dito demandado, José Javier Porto Dios, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 31 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza