Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30648

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2017 pola que se dá publicidade de varias encomendas de xestión ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., executadas durante o exercicio 2016.

1. Resolución do 19 de xullo de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A. o servizo para a mellora e adecuación dos roteiros e contornos de uso público no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia no ano 2016.

– Actividade: traballos de adecuación dos roteiros e dos contornos de uso público no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio propio instrumental e servizo propio da Administración, de conformidade co disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: tres meses desde a data en que se asinou a resolución que aprobou o gasto.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 07.04.541B.601.2, e foi cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no ámbito do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do seu obxectivo específico 6.3.2. Protección, desenvolvemento e promoción das áreas naturais en particular, as de interese turístico.

2. Resolución do 13 de maio de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A. o servizo de control e vixilancia para o cumprimento do plan de conservación do monumento natural praia das Catedrais.

– Actividade: desenvolvemento de actuacións divulgativas e de apoio á atención de visitantes; inclúe o control e a vixilancia dos visitantes, necesario para garantir que a presión turística sobre o monumento natural resulte compatible coa conservación.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio propio instrumental e servizo propio da Administración, de conformidade co disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro de 2016.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 07.04.541B.640.2, e foi cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no ámbito do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do seu obxectivo específico 6.3.2. Protección, desenvolvemento e promoción das áreas naturais, en particular as de interese turístico.

3. Resolución do 19 de xullo de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A. o servizo de vixilancia e control dos valores naturais nos parques naturais de Galicia.

– Actividade: desenvolvemento de actuacións de vixilancia e control dos hábitats e especies dos parques naturais, para garantir que a presión dos visitantes non afecta o seu estado de conservación.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza interxubxectiva ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio propio instrumental e servizo propio da Administración, de conformidade co disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: dous meses e quince días contados desde a data en que se asinou a resolución de encomenda.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 07.04.541B.640.1, e foi cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no ámbito do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do seu obxectivo específico 6.4.1. Fomentar a xestión, protección e mantemento de espazos naturais e a súa biodiversidade, en particular os protexidos, que inclúan medidas para paliar os problemas de erosión, salinización, desertificación, deforestación e baixo nivel de materia orgánica.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio