Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30406

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2017/18.

Advertidos erros na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 109, do 9 de xuño de 2017, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 28148, no punto terceiro b) 1.1, na epígrafe que se refire á segunda parte da proba de madureza, onde di: «Segunda parte: das 17.00 ás 18.00 horas. Versará sobre contidos relacionados coa historia da arte. O tempo máximo para a realización desta proba será de tres horas», debe dicir: «Segunda parte: das 17.00 ás 18.00 horas. Versará sobre contidos relacionados coa historia da arte».