Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30375

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 6 de xuño de 2017 pola que se autoriza a modificación da autorización do centro privado de educación especial San Jerónimo Emiliani (A Guarda).

O centro privado de educación especial San Jerónimo Emiliani da Guarda (Pontevedra) solicita a modificación da autorización de dúas unidades de psíquicos por dúas unidades de plurideficientes.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e na Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a modificación da autorización de dúas unidades de psíquicos por dúas unidades de plurideficientes do centro cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado de educación especial (CEEPR).

Denominación específica: San Jerónimo Emiliani.

Código do centro: 36019840.

Domicilio: r/ Galicia, nº 23.

Código postal: 36780.

Localidade: A Guarda.

Concello: A Guarda.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Asociación Pro-Deficientes San Jerónimo Emiliani.

Composición resultante:

Educación especial.

4 unidades (autistas).

3 unidades (plurideficientes).

1 unidade (psíquicos).

Segundo. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria