Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30481

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (424/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento sobre clasificación profesional 424/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gema Tubío Viturro contra Servimar Innova, S.L. sobre clasificación profesional, se ditou Sentenza de data do 9 de maio de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 424/2015 sendo parte nel, como demandante/s, Gema Tubío Viturro, asistida pola graduada social Sra. Da Palma Sánchez, e, como demandado/s, Servimar Innova, S.L., que non compareceu a pesar da súa citación en legal forma, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Gema Tubío Viturro fronte a Servimar Innova, S.L. e, en consecuencia, condénase á demandada Servimar Innova, S.L. a que abone á demandante a cantidade de 5.621,54 euros, máis o 10 % de xuro por mora; con desestimación do resto de pretensións.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso consignar na “Conta de depósitos e consignacións” aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no punto 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servimar Innova, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza