Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29932

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (602/2014).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 602/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Salgado Pena contra Loira Sistema de Persianas, S.L., Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza:

«Decido:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de César Salgado Pena, asistido pola letrada Sra. Cancela Regueiro, contra as empresas Loaira Sistema de Persianas, S.L. e Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., que non comparecen a pesar de estar debidamente citadas, sobre reclamación de cantidade e debo condenar as codemandadas a aboar solidariamente ao demandante da cantidade de 2.976,09 euros.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírteselles ás partes que contra a presente resolución non cabe recurso por razón da contía.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Inserir nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Loira Sistema de Persianas, S.L. e Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia..

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza