Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29914

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (594/2016).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento sobre seguridade social 594/2016 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Belén Esquer Gómez contra Ambulancias do Eume, S.L.U., INSS, Mutua MC Mutual sobre Seguridade Social, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que se desestima a excepción de prescrición e debo estimar e estimo a demanda presentada por Belén Esquer Gómez contra Ambulancias do Eume, S.L.U., en liquidación e MC Mutual Cyclops e condeno con carácter principal a Ambulancias do Eume, S.L.U. a abonar a cantidade de 1.965,27 € polas diferenzas durante o período de IT, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria, para o suposto de insolvencia da empresa declarada responsable principal do pagamento, da Mutua, condenando a todas as partes a aterse a tal pronunciamento.

Debo absolver e absolvo o INSS-TXSS das pretensións deducidas na súa contra salvo o caso de insolvencia da mutua.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Ambulancias do Eume S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza