Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 25 de maio de 2017, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00749-O-2017 e dez máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador PO-00749-O-2017 e dez máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmanse de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 25 de maio de 2017

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00749-O-2017

2713-JJZ

Logística Santa Pola, S.L.U.

B54582879

Condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas, superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

3.1.2017; 7.35; AG41; 16,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

PO-00902-O-2017

2484-GGD

Jesús Francisco Meis Díaz

35453999M

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.
12.2.2017; 21.18; AP-9; 137,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-01053-O-2017

6638-BWG

Emilio José González Santiago

44451496V

Realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do art. 102.2 LOTT.
10.2.2017; 11.35; PO542; 5,5

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-01221-O-2017

9368-JGT

Logística del Morrazo, S.L.

B84587153

Carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.
22.2.2017; 2.00; AP-9; 137,5

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-01253-S-2017

9049HCR

M. Nuria Nieto Prego

76898811J

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.
13.2.2017; 16.05; avda. Eduardo Cabello, s/n

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-01255-S-2017

9049HCR

M. Nuria Nieto Prego

76898811J

Transporte de mercadorías perigosas sen a carta de porte preceptiva para as mercadorías perigosas transportadas.
13.2.2017; 16.05; avda. Eduardo Cabello, s/n

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

801 euros

PO-01439-O-2017

7960-JHN

Albemar Pex, S.L.

B94130648

Utilización do tacógrafo analóxico carecendo dos precintos ou placas preceptivos ou dalgún dos datos obrigatorios.

15.3.2017; 17.28; N-550; 94,0

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

601 euros

PO-01477-O-2017

6733-HFG

Gaofen 88 Import y Export, S.L.

B87447348

Exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.
13.3.2017; 11.38; N-120; 646,0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

325 euros

PO-01485-O-2017

6634-HCT

Albemar Pex, S.L.

B94130648

Diminución do descanso diario fraccionado en máis de 1 hora (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

10.3.2017; 13.30; AP-9; 137,5

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-01605-S-2017

3640-JSN

Pablo Castro Iglesias

35311506C

Realización de servizos de transporte iniciados nun termo municipal distinto do que corresponde á licenza de taxi, agás nos supostos legalmente exceptuados.
7.11.2016; 2.06; avda. Compostela

Art. 61.c) da Lei 4/2013

Art. 63 da Lei 4/2013

601 euros

PO-04913-O-2016

M-4627-JT

Encarnación Olivares Herraiz

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.
22.9.2016; 18.04; N525; 295,1

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros