Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29888

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2017 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para a xestión das actuacións de execución das obras de construción do novo Centro de Saúde do Milladoiro (Ames).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á resolución da Presidencia do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde, do 26 de maio de 2017, pola que se encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para acometer a execución das obras de construción do novo Centro de Saúde do Milladoiro (Ames).

– Actividade: a xestión das actuacións precisas para acometer a execución das obras de construción dun novo centro de saúde; a contratación da dirección facultativa das obras está en mans do Servizo Galego de Saúde.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a encarga ten natureza intersubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da encomenda, ata o día 30 de setembro de 2019.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde