Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2011/48-1, nos concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada evacuación dos parques eólicos singulares do Barbanza, nos concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira (expediente IN407A 2011/48-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas oficinas dos concellos respectivos.

A Coruña, 7 de xuño de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2011/48-1.

Entidade beneficiaria: Proyectos y Desarrollos Renovables, S.L.

Denominación da instalación: evacuación dos parques eólicos singulares do Barbanza.

Concellos: A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Predio

Concello

Titularidade

Data de pagamento

Hora

16

A Pobra do Caramiñal

Herdeiros de Juan Guillán Fernández

20.7.2017

12.30

19

A Pobra do Caramiñal

Descoñecida

20.7.2017

12.30

22

A Pobra do Caramiñal

Descoñecida

20.7.2017

12.30

24

Ribeira

Descoñecida

21.7.2017

11.00