Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente de expropiación 004/2014 AT, no concello de Palas de Rei.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...» mediante este anuncio infórmase da consignación dos prezos xustos determinados polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada «LMT derivada Macedo» no concello de Palas de Rei, correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Lugo, 6 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 004/2014 AT.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT derivada Macedo.

Concello: Palas de Rei.

Predio

Polígono

Parcela

Titular

Depósito

Incidencia

26

65

624

Elena Viña Vázquez

485/2017

Notificación infrutuosa

30

65

632

Descoñecido

486/2017

Enderezo descoñecido