Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 16 de maio de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados, no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros do centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións por parte das persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación posterior que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño; de non presentar no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que deben presentar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 986 56 80 53.

Para que conste, lle sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 16 de maio de 2017

Xosé Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Nome do doente

DNI/NIF

Stefan --- Marian

Y01916493D

Prieto Padín Tamara

077402936R

Climent Pavia Aina

053257209L

Grigorio Tucci María Cecilia

Y04474029Z

González Meijueiro Francisco Abel

077547486L

Cadavid Espiña Nonito

010444946W

Moraru --- Elena Georgiana

Y01965610K

Padín Bargados Antón

077544974Z

Jiga Genoveva Mihaela

Y01905866P

Santos Mendanha Libia Cristina

Y05093551P

Álvarez Segura Olga Lidia

072156448C

Rodrigues da Silva María Alice

X06030311X

Ramírez Quinteiro Valentín

035127491M